martes, 13 de marzo de 2012

PICASSO ME PICA



Lembrades que cando buscamos libros sobre PICASSO na biblioteca todos tiñan pegatina de cor rosa e estaban no número 7 que correspondía á sección de ARTE? Pois hoxe descubrimos un libro de PICASSO coa pegatina amarela que estaba no número 8, na parte dos CONTOS.Estivemos investigando e resultou que era un libro de poemas que falan de Picasso: das súas obras, da súa vida,... mesmo unha nana para durmir a Picasso de bebé!! Esta última gustounos moito e a algún tróuxolle lembranzas das nanas que lle cantaba a el a súa mamá.

Se queredes saber máis sobre o libro PICASSO ME PICA, pinchade aquí.


No hay comentarios:

Publicar un comentario