martes, 20 de marzo de 2012

PICASSO E O COLLAGE








Hoxe soubemos que PICASSO foi un dos primeiros artistas en empregar a técnica do COLLAGE, creando obras a partir de anacos de xornal, teas, diferentes tipos de papeis,... Nos cadros que vimos hoxe, vimos que lle gustaba recortar xornais e pegar anaquiños con letras, palabras,... e algo que se repetía era o nome do xornal francés: LE JOURNAL, aínda que non sempre se ven todas as letras porque como vai superpoñendo outros anacos, ás veces tapa algunhas das primeiras letras, outras veces as últimas. Pero nós que somos moi espilidos e temos moito ollo, concentrámonos moito e atopamos o nome do xornal en todos os cadros.



E despois fixemos unha primeira aproximación ao collage recortando LA VOZ DE GALICIA.








Na primeira sesión os collages quedaron así. Temos que seguir traballando con esta técnica, a ver que obras de arte xurden. Xa vos contaremos...













1 comentario: