martes, 7 de febrero de 2012

PICASSO Y MINOU



"Minou era un gato y se supone que no entendía mucho de arte; sin embargo sabía lo que le gustaba y lo que no le gustaba.Y lo que NO le gustaba eran las triste pinturas azules de su amigo".

Así comeza este libro que tanto nos gustou e gracias ao cal coñecimos a Minou, o gato que vivía con Picasso en París. Ao longo das súas páxinas fomos descubrindo como Picasso foi pasando por diferentes etapas na súa forma de pintar. Na ETAPA AZUL, Picasso pintaba todo de cor azul e os seus cadros eran moi tristes. Aquí tedes algún exemplo que aparece en Picasso y Minou:

 O guitarrista cego

 Rey Picasso

As dúas irmás.



Pero pronto aparecerá un motivo de ledicia que fará a Picasso cambiar a cor dos seus cadros. Seguide atentos ás aventuras de Picasso e Minou!!

lunes, 6 de febrero de 2012

A TORRE EIFFEL




Paseando por París, Félix chegou ata a Torre Eiffel e preguntoulle a un home que traballaba alí que era aquela torre, como se chamaba e canto medía. Logo enterouse de que podía subir en ascensor ou ben polas escaleiras. E mentres decidía como subir fíxose de noite e a Torre iluminouse con miles de luces. Cremos que ao final optou por subir andando porque como é unha lebre, ten unhas patas longas para saltar os "escalóns" de catro en catro.

sábado, 4 de febrero de 2012

FONDUE DE CHOCOLATE CON FROITAS



Onte quedamos para merendar FONDUE DE CHOCOLATE CON FROITAS. E dicimos quedamos porque foi unha merenda conxunta de maiores e pequenos na entrada do cole. Cada un de nós trouxo unha froita:  PLÁTANOS,  MANDARINAS,  KIWIS, AMORODOS,  MELOCOTÓNS e  MAZÁS.



Quentamos un pouco o chocolate mentres cortábamos as froitas en anaquiños e facíamos mestura de cores e sabores en cada mesa.

Bañamos os anaquiños de froita no chocolate e despois...a merendar!!! Nos bigotes podedes comprobar canto nos gustou esta receita!!













 
 
 

jueves, 2 de febrero de 2012

XOGAMOS Á PETANCA




Na suá carta desde París, unha das cousas que nos contou Félix foi que ao pasar por un parque veu uns homes xogando cunhas bolas. Preguntámoslle ao profe Rafa se sabía cal podía ser ese xogo e investigando un pouquiño, soubemos que é un xogo típico de Francia e se chama PETANCA. A semana pasada fixemos na hora de psicomotricidade as bolas e o boliche co papel do xornal e papel de seda de cores (para que quedara máis bonita) e despois forrado con precinto. Cando estiveron listas aprendemos as normas e botamos unhas partidas. Foi moi divertido!!
Hoxe apuntamos o nome do xogo para ver as letras que ten PETANCA e lembramos que necesitamos para xogar e como se xoga. Podedes ver as fotos de como fixemos as bolas aquí

E A LEITUGA FOI PARA...

Xa saíron as leitugas que plantamos na nosa horta pero como non hai para que poidamos levar todos á vez, temos que sortealas. E esta semana tocoulle a...UXÍA!! Foi coa profe Ana a collela ao invernadoiro e á saída levouna para facer unha ensalada riquísima. Bo proveito!!

miércoles, 1 de febrero de 2012

PLANTANDO PRÍMULAS EN LEIRO



A semana pasada plantamos PRÍMULAS coa profe Ana na horta de Leiro. Cada un de nós escolleu unha cor e alá fomos. Cavamos coa pa e en nada xa tíñamos a horta toda colorida. A ver canto duran porque as xiadas están sendo fortes estes días!!

Pinchade aquí e poderedes ver as fotos na galería.

PICASSO EN ACCIÓN e PARÍS VISTO DESDE O CEO



Hoxe non saímos ao patio por mor do frío e da choiva así que aproveitamos para ver a Picasso en acción, tentando adiviñar sobre a marcha que sería o que debuxaba. Ás veces acertábamos e outras víamos unicornios en lugar de touros, flores en lugar de mulleres...





E despois vixemos unha visita a París desde o aire. Que alegría cando aparecía a Torre Eiffel!! É o que máis nos gusta de París con diferenza!! Aínda que o bateau mouche e o paseo polo Sena tamén ten moitos fans...


Paris vu du Ciel de Yann Arthus-Bertrand