miércoles, 15 de febrero de 2012

MANICURA DE CORES

Este Meco que cada día anda a argallar unha cousa nova, hoxe mandounos pintar...



martes, 14 de febrero de 2012

DE QUEN É ESTE BIGOTE?

Hoxe o Meco fixo que nos medraran uns bigotes impresionantes. E nós querémosvos propoñer un xogo: adiviña, meu amigote, de quen é este bigote?

DO AZUL AO ROSA



Minou descúbrelle a Picasso quen lle dá de comer: a xente do CIRCO. Pablo coñece aos malabaristas, aos pallasos, ás bailarinas,...e chega a ledicia. Quere pintar cadros onde aparezan os seus novos amigos e cambia a tristura da cor azul pola ledicia do ROSA.

Agora, grazas a Minou, xa nos resulta doado diferenciar que cadros pertencen á época AZUL e cales á época ROSA.

lunes, 13 de febrero de 2012

QUEN SE DISFRAZOU?

Na nosa biblioteca temos moitos libros feitos polos nenos e nenas do cole cada curso. Un dos que máis nos gusta é QUEN SE DISFRAZOU?, que fixeron na aula de 3-4 anos o curso pasado. Así que este ano quixemos facer o mesmo libro pero sendo nós os protagonistas. Non sabedes canto nos gusta miralo. Queredes coñecer quen se disfrazou e de que?


























SEMANA DE ENTROIDO

Esta semana andamos moi atarefados ultimando os disfraces, as máscaras e todo o que necesitamos para que o venres en Leiro poidamos disfrutar dunha gran festa rachada.
Os nenos e nenas de Ribadumia imos ir disfrazados de PINTORES. Aproveitando que estamos coñecendo a Picasso e que coma el somos uns grandes artistas, colleremos paleta e pincel e iremos de festa.
Pero a diversión do Entroido xa comezou hoxe luns coa  primeira orde do Meco: traer algo na cabeza. Mirade que guapos estamos!!



Anxo non estaba cando fixemos a foto de grupo, así que saíu logo soíño pero así de guapo.

viernes, 10 de febrero de 2012

TORRE EIFFEL DELICIOSA



Na biblioteca de Leiro podemos atopar moitos libros de cociña. Unha das últimas adquisicións foi Chiqui fiestas: recetas temáticas para fiestas infantiles. Nel atopamos unha curiosa receita para facer a famosa Torre Eiffel con barquillos. Usando crema de chocolate para pegalos, fixemos unha grande obra de inxeñeiría. E de premio...comémola!!!! Mirade que ben nos quedou, coroada coa bandeiriña de Francia do noso mapamundi. 









miércoles, 8 de febrero de 2012

O MUSEO DO LOUVRE





Hoxe Félix visitou o MUSEO DO LOUVRE. Nós buscamos no noso recuncho de París a ver que había sobre o Louvre e atopamos moita información: postais, o plano do museo coa situación das salas e das obras principais e mesmo había unha entrada!!
Logo de agardar na ringleira que se forma na pirámide para mercar a entrada, Félix paseou abraiado polo museo e mandaounos dúas fotos das obras que máis lle gustaron: unha pintura e unha escultura.

Ándanos na cabeza por que á VENUS DE MILO lle faltan os brazos. As hipóteses que barallamos non nos convencen moito:
- "Fue un cuchillo mágico que andaba saltando por ahí y le cortó los brazos"
- "Foi o home que cortou o outro día as árbores do monte e que tiña unha serra. Serrou as árbores e cortoulle os brazos".
A ver se investigamos que foi o que lle pasou...