Andamos no cole a aprender cancionciñas para cando atopemos unha XOANIÑA. Xa sabemos que son insectos de forma arredondada, de cor vermella e que teñen 7 puntiños negros. Neste libriño pequecho que hai na biblioteca: REIRREI, de Antón Cortizas, temos varias. Forma parte dunha colección de "libros con furadiños para enredar cos dediños", que nos están a gustar moito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario