Un ano máis o Concello de Ribadumia convocou o Concurso de Postais de Nadal e nós tamén participamos. Cun montón de formas de cores que tiñamos dun xogo de ensartar, compuxemos quince estampas de Nadal. Parecía maxia como ían aparecendo combinando triángulos, círculos, cadrados e rombos, grandes e pequenos, de cores. Só tivemos que pegalas e despois darlle un toque con pintura de dedos, palillos, la e algún gomet. Mirade como nos quedaron, a ver que vos parecen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario