Onte veu a mamá de Marcos a contarnos por que non viña: está enfermiño de varicela. E díxonos que Marcos lle contou como lles mandamos uns bicos moi, moi especiais aos compañeiros que están maliños para que sanen pronto e poidan volver ao cole. E que el estaba esperando a que llos mandáramos. Supoñemos que xa lle chegarían porque todos os días lle estamos mandando un montón de bicos voadores, deses que fan coxeguiñas e consiguen que un se poña moi contento e lle dan forza para curarse.
Como cando operaron a Adriana e cando voltou ao cole nos dixo que lle chegaran todos, todiños os bicos que lle mandamos.
Como cando operaron a Adriana e cando voltou ao cole nos dixo que lle chegaran todos, todiños os bicos que lle mandamos.
E como Uxía nos contou que a súa mamá "ten unha pupa nunha perna", pois tamén lle mandamos moitos, moitos bicos para que lle cure pronto.
Bicos grandes e pequenos, con todo o noso cariño, para que vos poñades boíños canto antes: MMMMMMUUUUAAA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario