Xa sabemos que o Apalpador deixa aos nenos unha presa de castañas na mesa de noite para que á mañá seguinte saiban que os veu visitar e sigan todo o ano estando ben mantidos. Pero para poder repartir tantas castañas ten que apañalas primeiro nunha zona de CASTIÑEIROS e hoxe estivemos falando dos ourizos onde están metidas as castañas:
- Teñen pinchos
- Hai que ter coidado ao collelas para non pincharse
- Unha vez miña nai pinchouse collendo unha castaña porque non tivo coidado.
- Meu abuelo ábreo co pé para non pincharse e logo colle a castaña con coidado.
Pois iso, moito coidadiño ao apañar as castañas, non nos vaiamos pinchar co ourizo!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario