Aínda que non o pareza pola calor que vai, estamos no tempo do outono e o chan vaise enchendo de folliñas secas. E nós empregámolas para facer traballiños coma este. Cando vaiades de paseo, recollede folliñas e deixádeas a secar entre as páxinas dun libro groso. Hai un montón de manualidades que podedes facer cos meniños na casa!!
martes, 11 de octubre de 2011
COÑECENDO A FÉLIX
E así, pouquiño a pouco, imos coñecendo máis cousas de Félix e do seu libro:
Traballamos as palabras do título: identificámolas, pintámolas e colocámolas para compoñelo.
Aprendemos as letras do nome de Félix e comparámolas coas do noso.
Fixémoslle un debuxo de Félix a Sofía para que non botase tanto de menos a súa lebre de trapo.
Coñecemos un pouco máis á familia de Sofía.
Pronto teredes máis novas da nosa lebre viaxeira. Seguide atentos...!!
FÉLIX NO AEROPORTO
Félix, a lebre de trapo de Sofía, desapareceu no aeroporto á volta das vacacións. A partir do conto Cartas de Félix, comezamos no cole a falar de aeroportos, de avións,... e descubrimos que temos compañeiros expertos en viaxes aéreos: a Tenerife, a Lanzarote, a casa dos avós,...
Decidimos que cada un ía pintar o seu avión e convertirnos en pilotos. Despegamos!!!
domingo, 9 de octubre de 2011
MICA E PARRULO
O outro día estábamos na escola e oímos como chamaban ao timbre. A profe foi abrir e non había ninguén!!! Só unha maleta!!!
Non sabedes que sorpresa levamos cando a fomos a abrir e atopamos a dous novos amigos: Mica e Parrulo, que nos traían un conto moi grande cheo de historias.
Todos queríamos tocalos, darlles bicos de benvida, facernos fotos con eles,...Aquí vos deixamos algunha.
viernes, 7 de octubre de 2011
BABYRADIO

Babyradio é a primeira emisora de radio online de España con contidos adicados integramente aos máis pequenos da casa (0-6 anos). O seu obxectivo é acompañar aos meniños no seu día a día, durante as 24 horas, ofrecéndolles unha programación única chea de contidos alegres, divertidos, lúdicos e educativos: xogos, contos, cancións,...
Aquí tedes o enlace. Non dubidedes en visitala e desfrutade moito escoitándoa!!
miércoles, 5 de octubre de 2011
CARTAS DE FÉLIX

Cando acabaron as vacacións, ocurriu algo terrible: Félix, a lebre de trapo de Sofía, perdeuse no aeroporto e tiveron que volver a casa moi tristes. Pero cando comenza o cole, inesperadamente Sofía recibe unha carta: é de Félix! A partir de entón Sofía recibe outras moitas cartas de Félix nas que lle conta as súas aventuras arredor do mundo describindo os lugares e a xente que coñece.
Gracias a Félix e ao conto Cartas de Félix, da autora Annette Langen, iremos coñecendo cidades como Londres, París, Roma, O Cairo,...Collede a maleta que comenza a aventura!!!

martes, 4 de octubre de 2011
CONTOS DE BRUXAS
A casiña de chocolate, A bruxa tola,...os contos de bruxas enchen o noso cole de historias: algunhas dan medo, outras dan risa,...pero todas moi divertidas.
Falando do que sabíamos sobre as bruxas, saíron cousiñas moi simpáticas. Aquí tedes algunha:
- Son negras.
- Son malas.
- Convierten.
- (Que convirten?)
- Convierten en casas, en un tren largo muy largo,...
- (Como?)
- Cunha estrela que teñen nun pau, fan maxia.
- Profe, déjame darte mi versión: un día yo vi las brujas en el país de las brujas y había muchas, también había globos...estaban de fiesta.
- (E como visten?)
- Con roupa negra e teñen un gorro tamén negro
- Si, é un gorro así (fai o xesto por riba da cabeza), como unha montaña.
- (Sabedes onde viven?)
- No bosque.
- Nun castelo.
Ata o Samaín seguiremos aprendendo cousas sobre as bruxas a través de contos, poemas, cancións, xogos,... Se tedes algún conto de bruxas ou algunha cousiña relacionada con elas que vos pareza interesante e vos apeteza compartila, podedes traela ao cole estes días.

Hoxe contamos o conto A bruxa tola en Leiro, aprendemos como se escribía a palabra bruxa e lle debuxamos a cariña: enfadada, contenta,...Mirade que bonitas quedaron e como algún xa se atreve a escribir as letriñas soíño!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








