A casiña de chocolate, A bruxa tola,...os contos de bruxas enchen o noso cole de historias: algunhas dan medo, outras dan risa,...pero todas moi divertidas.
Falando do que sabíamos sobre as bruxas, saíron cousiñas moi simpáticas. Aquí tedes algunha:
- Son negras.
- Son malas.
- Convierten.
- (Que convirten?)
- Convierten en casas, en un tren largo muy largo,...
- (Como?)
- Cunha estrela que teñen nun pau, fan maxia.
- Profe, déjame darte mi versión: un día yo vi las brujas en el país de las brujas y había muchas, también había globos...estaban de fiesta.
- (E como visten?)
- Con roupa negra e teñen un gorro tamén negro
- Si, é un gorro así (fai o xesto por riba da cabeza), como unha montaña.
- (Sabedes onde viven?)
- No bosque.
- Nun castelo.
Ata o Samaín seguiremos aprendendo cousas sobre as bruxas a través de contos, poemas, cancións, xogos,... Se tedes algún conto de bruxas ou algunha cousiña relacionada con elas que vos pareza interesante e vos apeteza compartila, podedes traela ao cole estes días.
Hoxe contamos o conto A bruxa tola en Leiro, aprendemos como se escribía a palabra bruxa e lle debuxamos a cariña: enfadada, contenta,...Mirade que bonitas quedaron e como algún xa se atreve a escribir as letriñas soíño!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario