Félix dicía na súa carta que por LONDRES pasaba un río moi sucio. Hoxe descubrimos o nome dese río: Támesis. E quedamos preocupados porque non entendemos como as persoas poden lixar os ríos en lugar de coidalos. Nun río sucio os peixes non poden vivir, cheira mal,...Falamos de como podemos coidar moito o río Umia, que pasa pretiño do cole e das nosas casas: "cando vaia merendar vou tirar os papeis da merenda á papeleira" , "non queremos que o río estea sucio porque aos peixes chéiralles mal e non poden tapar o naris porque non teñen mans".
Tamén falamos de que para cruzar un río temos que usar unha ponte e que en LONDRES hai unha moi famosa: a Ponte da Torre, que se levanta para deixar pasar aos barcos grandes e que non tropecen con ela. Ou ben podemos cruzar nun barco. Nós hoxe imos navegar polo Támesis en barquiños de papel, que non contaminan. Alguén se anima?
No hay comentarios:
Publicar un comentario