viernes, 8 de junio de 2012

OBRADOIRO DE COCIÑA: XEADO CON GALLETA


No obradoiro de cociña de hoxe tocou XEADO. Como FÉLIX nos contara que en ITALIA os xeados están deliciosos, quixemos facer unha merenda especialmente refrescante  engadíndolle galleta machadada cunha rodela. Trouxemos nas mochilas a ferramenta de traballo e á hora na que entra a famiña, puxémonos mans á obra. Xuntamos as galletas machacadas nun bol e cando reunimos suficiente, botamos dúas culleradas no fondo do vaso, engadimos o xeado de chocolate e vainilla e voltamos cubrir con galleta. Remeximos un pouco e...a merendar!!! A profe tivo que preguntar se nos gustaba porque estábamos tan caladiños comendo que non sabía que pensar!!


1 comentario:

  1. hola!q simpatica a foto das mochilas,non me estraña q stuveran calados,pq debia star moi ricooo

    ResponderEliminar