Hoxe FÉLIX falounos de DIANA, MINERVA, XÚPITER, CUPIDO, VENUS e NEPTUNO. Unha selección de deusas e deuses romanos con cadanseu obxecto máxico cos que podían desde lanzar frechas de amor ata domar as máis grandes ondas do mar. Lembramos a VENUS DE MILO, da que se di que na man dun brazo que lle falta posiblemente tivera unha mazá. Sería unha mazá dourada coma a que vimos hoxe?
No hay comentarios:
Publicar un comentario