martes, 5 de junio de 2012

GRANDES INVENTOS ITALIANOS

Hoxe na biblioteca de Leiro estivemos buscando libros que falasen sobre ROMA e atopámolos no número 9 HISTORIA. Todos teñen pegatina de cor branca. FÉLIX seleccionou tres que son GUÍAS DE VIAXE, nas que identificamos a bandeira de Italia, a loba capitolina con Rómulo e Remo, a Boca da Verdade, o Coliseo, unha moto Vespa,... Na guía ROMA GRANDES SECRETOS PARA PEQUEÑOS VIAJEROS (moi recomendable e divertida, chea de curiosidades, con moitas fotos e información interesante), viñan algúns aparellos inventados por italianos. Sabíades que a CAFETEIRA, as PILAS e o TERMÓMETRO teñen orixe italiana? Agora nós xa o sabemos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario