DESFRUTADE MOITO LENDO!!!!!
viernes, 5 de octubre de 2012
BIBLIOTECA DE AULA
Hoxe comezamos co empréstito da BIBLIOTECA DE AULA. Cada venres, levaremos nas carpetas de broche o conto que nos guste do cole para ler na casa. Os de 4 anos levamos tamén un caderno: OS LIBROS QUE LEO, no que na nosa casa, coa axuda das nosas familias, escribiremos o título do conto que levamos e a data, ademais de comentar se o conto nos gustou moito, pouco ou nada e facer un debuxo.
jueves, 4 de octubre de 2012
COÑECENDO A FÉLIX


Vós sabedes quen é FÉLIX? Non? Se botades un ollo ao noso blogue, veredes que o curso pasado coñecimos a FÉLIX, a lebre de peluche de Sofía, que se perdeu no aeroporto de volta á casa dunhas vacacións e acabou viaxando polo mundo. Desde cada lugar que visita vai mandando cartas contando as súas aventuras. E nós imos coñecendo grazas a el cidades e países. Diferentes mapas, lugares, culturas, gastronomías, xentes, costumes...irán aparecendo nas CARTAS DE FÉLIX. Nós xa estamos preparados para coñecer o seguinte destino. Collede a maleta que marchamos!!CALENDARIO

Cada mañá traballamos o CALENDARIO nas rutinas. O encargado, que logo será o maquinista do noso tren, risca o día anterior e rodea o día no que estamos. Miramos que número é, en que día da semana estamos (lembramos que profes nos virán visitar e que merenda toca traer ese día), en que mes e en que ano. Tamén a estación na que nos atopamos e finalmente colocamos a nosa pegatina na escola. Todo isto a nivel oral na asemblea. Logo vén a parte escrita. Os de 4 anos temos un calendario mensual e ao acabalo facemos un resumo e traballamos o refrán do mes! TEMPO DE OUTONO
Cando comezou o cole aínda estábamos no verán. Agora xa estamos no tempo de OUTONO: vai un pouco máis de frío polas mañáns, ás veces chove e non podemos saír ao patio, as árbores quedan sen follas, comemos froitos típicos desta estación,...
E no cole cantamos: Outono bonito, folliñas no chan. Castañas asadas, que ricas están!
miércoles, 3 de octubre de 2012
XOGANDO COA AREA
EL MONSTRUO DE LAS GALLETAS
Achéganse as festas do Samaín e do Magosto e con elas os monstros veñen de visita á nosa escola. O monstro das galletas fíxonos rir coa súa teima de comer cantas galletas atopa. Hoxe tocaba traer galletas para a merenda e menos mal que a ninguén se lle ocurriu convidalo...
domingo, 30 de septiembre de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






