Este verán temos a oportunidade de disfrutar dunha chea de boas iniciativas gratuítas que se están a desenvolver nas praias de Vilagarcía, A Illa e Marín: xogos, bibliotecas, contacontos,...
Se queredes coñecer o programa "Mariscando libros" nas praias Area de Secado e do Bao da Illa de Arousa, clicade aquí e aquí para saber máis. Tamén podedes ver un vídeo do ben que o fai o equipo de voluntariado!
E nas praias de Marín ofrecen un servizo de ludoteca para os máis pequenos cun espazo para a lectura e zona wifi. Na páxina do Concello de Marín podedes descargar os programas (xeral e diario) das actividades e neste enlace ver o que conta La Voz de Galicia. E neste vídeo podedes ver que ben organizado teñen todo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario