martes, 24 de julio de 2012

COÑECENDO BIBLIOTECAS





As vacacións de verán son un bo momento para coñecer as bibliotecas da nosa contorna. Podemos aproveitar para facernos socios, solicitar o carné de lector e así poder levar ás nosas casas libros en empréstito. En moitas delas podemos tamén atopar actividades coma contacontos, obradoiros,...

A que máis preto queda da nosa escola é a Biblioteca Municipal de Ribadumia, que acaba de ampliar os seus fondos bibliográficos con libros editados polo Museo de Pontevedra. Na páxina do Concello tedes información sobre horarios, instalacións... "Durante o verán, o horario é de luns a venres de 8.00 a 14.00 horas. Para facerse socios da biblioteca municipal é preciso solicitar o carné de lector, para o que se precisa o DNI e dúas fotografías pequenas. As persoas menores de idade deberán contar coa autorizacións dos pais.

A biblioteca municipal de Ribadumia conta con tres zonas diferenciadas. A primeira, a zona de  lectura para as persoas adultas. Outra das zonas inclúe dez ordenadores de consulta e, finalmente, hai unha área de lectura infantil, con títulos e mobiliario apropiado para os lectores máis pequenos".

Outras bibliotecas que podedes visitar son:

- A biblioteca municipal de Meis.
- A biblioteca municipal da Illa de Arousa.
- A biblioteca municipal de Vilagarcía.
- A biblioteca municipal de Cambados.
Estas catro bibliotecas acadaron o premio "María Moliner", co que o Ministerio de Cultura premia as actividades de fomento da lectura.

-A biblioteca nodal de Pontevedra. Podedes solicitar o carné de usuario, consultar o catálogo da biblioteca e obter os datos sobre a súa situación, horarios,... na súa páxina web.

Que desfrutedes moito lendo!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario