domingo, 30 de septiembre de 2012
viernes, 28 de septiembre de 2012
CUMPLES DE SETEMBRO

E por fin chegou o día da festa dos CUMPLES DE SETEMBRO. Anxo, Gabriel, Alba e Juan fixeron a torta de galletas con chocolate para convidarnos, sopraron as candeiñas e logo...festa rachada!!! Tan rica estaba que non quedou nada. Logo os gusanitos e a xogar ao patio, que hai que aproveitar o soliño!!
Parabéns amiguiños!!
martes, 25 de septiembre de 2012
ZAPATOCAS

ZAPATOCAS é o nome da mascota da biblioteca de Leiro. Hoxe deunos a benvida, amosounos a biblioteca, deunos biquiños coas súas antenas de cores e contounos que nos ía emprestar os seus contos cada vez que fósemos visitalo. Nunha bolsiña azul co noso nome levamos cada un o conto que máis nos gustou para casa. Temos toda a semana, ata o vindeiro martes, para lelo en familia cantas veces queiramos. Hai que coidalo moito para que non se rompa, nin se manche e así devolvelo para que outro neno o poida levar. Desfrutade moito lendo!IMOS A LEIRO

Hoxe fomos por primeira vez a Leiro. Cando xa nos estábamos afacendo á escola de Ribadumia, cambiamos de cole!! Custounos un pouquiño quedar pero logo pasámolo moi ben. Coñecimos a ZAPATOCAS, a mascota da biblioteca de Leiro, que coida os contos e nolos deixa levar a casa. Coñecimos a SPOT, o canciño que fala inglés. Xogamos coas pelotas, os aros, as cordas e os cabaliños... Miramos o material co que imos traballar na horta cando mellore o tempo: luvas, carretillas, pas,... Xogamos cos ordenadores na aula de informática. Tíñamos tanto que facer e eran tantas novidades xuntas que se nos pasou a mañá voando. Pero agora que xa sabemos o que nos agarda en Leiro cada martes, seguro imos vir con moitas ganas!!viernes, 21 de septiembre de 2012
MERENDANDO XUNTOS
jueves, 20 de septiembre de 2012
O PELELLIÑO PIRATA EN ACCIÓN!
O PELELLIÑO PIRATA tiña un desgusto moi grande porque non tiña barco para navegar. Os seus amigos INVENTOR e FORZUDO transformáronse en barco para axudalo pero unha treboada fíxoos naufragar. E que se lles ocurriu? Pois transformarse nun SUBMARINO!!!! E nós non quixemos perder a oportunidade de mirar o fondo do mar subidos nel. Queredes saber o que atopamos?
COÑECÉNDONOS NO COLE
Xa estamos chegando ao final do período de adaptación. Cada día vimos máis contentos, sabemos que temos amigos que nos agardan e moitas cousiñas por aprender e compartir. Entre xogos, cores, pegatinas... e contos que nos deixan abraiados, comeza a nosa nova aventura no cole!
viernes, 14 de septiembre de 2012
OS PELELLIÑOS DE ANXO FARIÑA
E non sabedes o mellor: o autor dos Pelelliños chámase ANXO FARIÑA. E como nós temos no cole ao noso amigo Anxo, a que non adiviñades quen nos axudou a escribir o nome do autor?
jueves, 13 de septiembre de 2012
PRIMEIRO DÍA DE COLE
martes, 11 de septiembre de 2012
BENVIDOS AO CURSO 2012-2013!
Mañá ás 10:30 teremos a reunión de principio de curso na Escola de Ribadumia. Nela falaremos sobre o calendario escolar, normas do cole, actividades, período de adaptación para os nenos e nenas de 3 anos... Nas fotos podedes ver o bonita que quedou a biblioteca de Leiro logo das obras que se fixeron durante o verán. Benvidos ao novo curso e vémonos mañá!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)













