Desde que chegou a calor, xogamos co profe Rafa fóra os xoves. Sorte que temos unha parte do patio cun pouquiño de sombra!! Paracaídas, zancos, pelotas,... será ese o segredo de que estemos desexando toda a semana que apareza o profe Rafa pola porta? O caso é que logo de tanto xogar, o paracaídas fixo de cama improvisada para un pouco de relax... Sssshhhhh...
jueves, 31 de mayo de 2012
PLAYMÓBIL GLADIADOR
Deixámosvos un enlace onde podedes xogar a ser GLADIADORES cos bonecos de Playmóbil. Primeiro conta unha pequena historia de como "reclutaban" aos futuros GLADIADORES e despois comeza o xogo. Clicade na imaxe para xogar.
O COLISEO ROMANO


Loitas de GLADIADORES, loitas entre animais salvaxes de todo tipo, cacerías,... ata o podían encher de auga para celebrar batallas navais!! Un circo un pouco "bruto" pareceunos a nós. E é que como dicía Obélix...
miércoles, 30 de mayo de 2012
SEGUIMOS COS NÚMEROS...ROMANOS
Desde que FÉLIX nos falou dos números romanos, andamos a voltas con eles no cole. Hoxe aprendimos algún máis. E logo puxemos o ano no que estamos, 2012, como o escribirían na antiga ROMA: MMXII.


Se tedes curiosidade, podedes botar unha ollada a este enlace, onde hai un CONVERSOR DE NÚMEROS ROMANOS AOS "NOSOS NÚMEROS" E VICEVERSA.
martes, 29 de mayo de 2012
AS MATERNIDADES DE PICASSO

lunes, 28 de mayo de 2012
NÚMEROS ROMANOS
Hoxe con FÉLIX descubrimos que os antigos romanos non escribían os números coma nós. Eles empregaban letras: I, V, X,... Ao principio sorprendeunos pero axiña nos puxemos a escribir as correspondencias dos "nosos números" en NÚMEROS ROMANOS.
A verdade é que nos deron para falar un cacho...
"-Profe, o 6 escríbese igual que o 4!!" Pero fixándonos un pouco observamos que "o palito" vai diante da V no 4 e detrás no 6. Coidadiño con enganarse!!
"O 5 é a V de Víctor, meu irmán!!", "O 9 e o 10 teñen o X do meu nome!!",...
A verdade é que nos deron para falar un cacho...
"-Profe, o 6 escríbese igual que o 4!!" Pero fixándonos un pouco observamos que "o palito" vai diante da V no 4 e detrás no 6. Coidadiño con enganarse!!
"O 5 é a V de Víctor, meu irmán!!", "O 9 e o 10 teñen o X do meu nome!!",...
domingo, 27 de mayo de 2012
CONVIVENCIA
A BOCA DA VERDADE
miércoles, 23 de mayo de 2012
VESPAS E APES
lunes, 21 de mayo de 2012
NOME E DATA
Hoxe fixemos un pequeno puzzle coas letras do noso nome e tentamos poñer a data como os maiores. E saíunos moi ben!!
viernes, 18 de mayo de 2012
SAÍDA A APÍPOLIS
Que ben o pasamos hoxe en APÍPOLIS!! Obradoiro de galletas con mel, obradoiro de candeas de cera de abella, visita ao apiario, conto e visita á exposición sobre o mundo das abellas,... e todo isto aderezado con xogos, cancións, merenda e comida compartidas. Non paramos un segundo!! Un dez para a organización e os monitores e monitoras que fixeron posible que a xornada fose un éxito. Deixámosvos algunha foto e en canto estean listas, o resto na GALERÍA.
Ao chegar mesturáronnos e dividíronnos en catro grupos. Íamos rotando para pasar por todos os obradoiros.
CONTO SOBRE AS ABELLAS E VISITA Á EXPOSICIÓN
VISITA AO APIARIO
OBRADOIRO DE GALLETAS CON MEL (CON RECEITA E CANCIÓN!!)
OBRADOIRO DE CANDEAS E ENVASADO DE MEL
miércoles, 16 de mayo de 2012
ALFOMBRADOS
Hoxe ao chegar ao cole tíñamos unha sorpresa: unha alfombra para xogar cos coches!! Axiña todos queríamos estreala así que a profe nos fixo unha foto desfrutando dela. Mirade que ben o pasamos. Parece que vai dar moito xogo!!
O MARABILLOSO MUNDO DOS ANIMAIS...AS ABELLAS
A profe púxonos un vídeo que nos gustou moito sobre as ABELLAS. Podedes velo pinchando nos vídeos. Veredes canto aprendedes sobre estes marabillosos animais!!
CUMPLES DE MAIO
Hoxe celebramos os cumples do mes de MAIO. ANTÓN, MARCOS E. e ARÓN convidáronos a tarta de galletas e chocolate. Como novidade, acompañando aos gusanitos e patacas, mini bocatas de queixo, xamón cocido e chourizo. Que maneira de comer!! Non deixamos nadiña!! Pero é que necesitábamos coller forzas para xogar no patio agora que temos bo tempo...
PRIMEIRA CAPA...
SEGUNDA CAPA...
TERCEIRA CAPA...
VIRUTIÑAS DE CORES...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)