viernes, 28 de septiembre de 2012

CUMPLES DE SETEMBRO





E por fin chegou o día da festa dos CUMPLES DE SETEMBRO. Anxo, Gabriel, Alba e Juan fixeron a torta de galletas con chocolate para convidarnos, sopraron as candeiñas e logo...festa rachada!!! Tan rica estaba que non quedou nada. Logo os gusanitos e a xogar ao patio, que hai que aproveitar o soliño!!
Parabéns amiguiños!!

martes, 25 de septiembre de 2012

ZAPATOCAS

ZAPATOCAS é o nome da mascota da biblioteca de Leiro. Hoxe deunos a benvida, amosounos a biblioteca, deunos biquiños coas súas antenas de cores e contounos que nos ía emprestar os seus contos cada vez que fósemos visitalo. Nunha bolsiña azul co noso nome levamos cada un o conto que máis nos gustou para casa. Temos toda a semana, ata o vindeiro martes, para lelo en familia cantas veces queiramos. Hai que coidalo moito para que non se rompa, nin se manche e así devolvelo para que outro neno o poida levar. Desfrutade moito lendo!

 

IMOS A LEIRO

 
 
Hoxe fomos por primeira vez a Leiro. Cando xa nos estábamos afacendo á escola de Ribadumia, cambiamos de cole!! Custounos un pouquiño quedar pero logo pasámolo moi ben. Coñecimos a ZAPATOCAS, a mascota da biblioteca de Leiro, que coida os contos e nolos deixa levar a casa. Coñecimos a SPOT, o canciño que fala inglés. Xogamos coas pelotas, os aros, as cordas e os cabaliños... Miramos o material co que imos traballar na horta cando mellore o tempo: luvas, carretillas, pas,... Xogamos cos ordenadores na aula de informática. Tíñamos tanto que facer e eran tantas novidades xuntas que se nos pasou a mañá voando. Pero agora que xa sabemos o que nos agarda en Leiro cada martes, seguro imos vir con moitas ganas!!

viernes, 21 de septiembre de 2012

MERENDANDO XUNTOS

Hoxe foi o primeiro día no que coincidimos todos xuntos na merenda. E claro, decidimos facer unha foto na que puidérades ver o a gustiño que estábamos. Bo proveito!!!
 
 

jueves, 20 de septiembre de 2012

O PELELLIÑO PIRATA EN ACCIÓN!


 
 
 
O PELELLIÑO PIRATA tiña un desgusto moi grande porque non tiña barco para navegar. Os seus amigos INVENTOR e FORZUDO transformáronse en barco para axudalo pero unha treboada fíxoos naufragar. E que se lles ocurriu? Pois transformarse nun SUBMARINO!!!! E nós non quixemos perder a oportunidade de mirar o fondo do mar subidos nel. Queredes saber o que atopamos?
 
 
 

COÑECÉNDONOS NO COLE

 
 

Xa estamos chegando ao final do período de adaptación. Cada día vimos máis contentos, sabemos que temos amigos que nos agardan e moitas cousiñas por aprender e compartir. Entre xogos, cores, pegatinas... e contos que nos deixan abraiados, comeza a nosa nova aventura no cole!
 

viernes, 14 de septiembre de 2012

OS PELELLIÑOS DE ANXO FARIÑA



Os PELELLIÑOS están estes días a visitarnos no cole. O primeiro que coñecimos foi O PELELLIÑO PIRATA. Contounos unha aventura con barco e trebón incluídos. Coa axuda dos seus amigos, o Pelelliño Inventor e o Pelelliño Forzudo, atopará unha solución.

E non sabedes o mellor: o autor dos Pelelliños chámase ANXO FARIÑA. E como nós temos no cole ao noso amigo Anxo, a que non adiviñades quen nos axudou a escribir o nome do autor?



jueves, 13 de septiembre de 2012

PRIMEIRO DÍA DE COLE

Hoxe foi día de reencontros e de benvidas. Un día cheo de emocións, de nervios e de ganas de pasalo ben cos amigos. Para algún dos máis pequeniños foi unha mañá difícil (iso de separarse de mamá non gusta nada!) pero outros axiña estaban tan tranquilos que parecía que levaran alí anos. Aquí vos deixamos algunha foto do que fixemos. Mañá máis e mellor!
 
 
 
 
 

martes, 11 de septiembre de 2012

BENVIDOS AO CURSO 2012-2013!



Mañá ás 10:30 teremos a reunión de principio de curso na Escola de Ribadumia. Nela falaremos sobre o calendario escolar, normas do cole, actividades, período de adaptación para os nenos e nenas de 3 anos... Nas fotos podedes ver o bonita que quedou a biblioteca de Leiro logo das obras que se fixeron durante o verán. Benvidos ao novo curso e vémonos mañá!