martes, 31 de julio de 2012

IMOS Á PRAIA!

Este verán temos a oportunidade de disfrutar dunha chea de boas iniciativas gratuítas que se están a desenvolver nas praias de Vilagarcía, A Illa e Marín: xogos, bibliotecas, contacontos,...

Clicade aquí para consultar as datas e os horarios das Actividades de ocio na praia en Vilagarcía.




Se queredes coñecer o programa "Mariscando libros" nas praias Area de Secado e do Bao da Illa de Arousa, clicade aquí e aquí para saber máis. Tamén podedes ver un vídeo do ben que o fai o equipo de voluntariado!



E nas praias de Marín ofrecen un servizo de ludoteca para os máis pequenos cun espazo para a lectura e zona wifi. Na páxina do Concello de Marín podedes descargar os programas (xeral e diario) das actividades e neste enlace ver o que conta La Voz de Galicia. E neste vídeo podedes ver que ben organizado teñen todo!








martes, 24 de julio de 2012

COÑECENDO BIBLIOTECAS





As vacacións de verán son un bo momento para coñecer as bibliotecas da nosa contorna. Podemos aproveitar para facernos socios, solicitar o carné de lector e así poder levar ás nosas casas libros en empréstito. En moitas delas podemos tamén atopar actividades coma contacontos, obradoiros,...

A que máis preto queda da nosa escola é a Biblioteca Municipal de Ribadumia, que acaba de ampliar os seus fondos bibliográficos con libros editados polo Museo de Pontevedra. Na páxina do Concello tedes información sobre horarios, instalacións... "Durante o verán, o horario é de luns a venres de 8.00 a 14.00 horas. Para facerse socios da biblioteca municipal é preciso solicitar o carné de lector, para o que se precisa o DNI e dúas fotografías pequenas. As persoas menores de idade deberán contar coa autorizacións dos pais.

A biblioteca municipal de Ribadumia conta con tres zonas diferenciadas. A primeira, a zona de  lectura para as persoas adultas. Outra das zonas inclúe dez ordenadores de consulta e, finalmente, hai unha área de lectura infantil, con títulos e mobiliario apropiado para os lectores máis pequenos".

Outras bibliotecas que podedes visitar son:

- A biblioteca municipal de Meis.
- A biblioteca municipal da Illa de Arousa.
- A biblioteca municipal de Vilagarcía.
- A biblioteca municipal de Cambados.
Estas catro bibliotecas acadaron o premio "María Moliner", co que o Ministerio de Cultura premia as actividades de fomento da lectura.

-A biblioteca nodal de Pontevedra. Podedes solicitar o carné de usuario, consultar o catálogo da biblioteca e obter os datos sobre a súa situación, horarios,... na súa páxina web.

Que desfrutedes moito lendo!!

miércoles, 4 de julio de 2012

GALEÓN "ILLA DE CORTEGADA"


Na páxina do Concello de Vilagarcía podedes atopar toda a información relativa a como participar nas travesías gratuítas a bordo do galeón Illa de Cortegada:

"Os días de saída son: en xuño, o sábado 30; en xullo, os sábados 7, 14, 21 e 29; en agosto, o sábado 11 e o domingo 12; e en setembro, o sábado e domingo 8 e 9. As saídas se realizarán en dúas quendas, 11 e 17 horas.

En función das mareas, o percorrido pode variar, pero en principio inclúe o contorno de Cortegada, a foz do Ulla, a enseada de Ponte Beluso, en Boiro, e por suposto Carril."

Tamén en Vilagarcía podedes aproveitar para visitar a exposición Maquetas navais, aberta ata o 31 de agosto. As miniaturas navais de Arturo Tabares pódense admirar na planta baixa do Centro de Interpretación da Ría de Arousa (CIRA). Para máis información, picade aquí.

lunes, 2 de julio de 2012

DINOSAURIOS



Desde o 28 de abril ata o 23 de setembro de 2012 podemos ver unha exposición de dinosaurios en Nigrán con máis de 30 especies diferentes representadas en 50 réplicas de tamaño real.
Os dinosaurios están ambientados no seu hábitat natural, e para obter maior realismo realizan movementos e emiten sons.
También podemos ver 2 réplicas fósiles completas: un triceratops e un tyranosaurus de oito metros de altura.
Ademais das figuras dos dinosaurios, tamén disporemos de información, xogos e explicacións sobre cada unha das especies que aparecen.

Enderezo: Exposición de dinosaurios en Nigrán – Dinosaurios Park
Praia América, Nigrán, Pontevedra, Galicia.
Teléfono: 627 632 338

Horarios:
- Vernes: de 16:00h a 20:30h.
- Sábados, domingos e festivos: de 16:h a 21:h ata o 20 de xuño.
- En verán hai horario continuo todos os días da semana.

Prezos:
- Nenos: 5€
- Adultos: 7€
- Nenos menores de 2 anos: gratis

Se queredes ver o que dixeron os xornais sobre esta exposición, picade nos enlaces: