sábado, 30 de junio de 2012

LIBROS CURSO 2012-2013 ESCOLA DE RIBADUMIA


3 ANOS

-         JUEGOS DE PALABRAS 2. EDITORIAL EVEREST. ISBN: 978-84-241-8240-3 (DEBE ESTAR PERFORADO). O prezo de catálogo é de 8,95 euros.


-         CALDEIRÓN. MATEMÁTICAS 1. EDITORIAL ANAYA. ISBN: 978-84-667-7541-0 (DEBE ESTAR PERFORADO). O prezo de catálogo é de 9,90 euros.


  4 ANOS

-         JUEGOS DE PALABRAS 3. EDITORIAL EVEREST. ISBN: 978-84-241-8241-0 (DEBE ESTAR PERFORADO). O prezo de catálogo é de 8,95 euros.


-         JUEGOS DE PALABRAS 4. EDITORIAL EVEREST. ISBN: 978-84-241-8242-7 (DEBE ESTAR PERFORADO). O prezo de catálogo é de 8,95 euros.


-         CALDEIRÓN. MATEMÁTICAS 2. EDITORIAL ANAYA. ISBN: 978-84-667-7542-7 (DEBE ESTAR PERFORADO). O prezo de catálogo é de 9,90 euros.


5ANOS

 
-         JUEGOS DE PALABRAS 5. EDITORIAL EVEREST. ISBN: 978-84-241-8243-4 (DEBE ESTAR PERFORADO). O prezo de catálogo é de 8,95 euros.


-         JUEGOS DE PALABRAS 6. EDITORIAL EVEREST. ISBN: 978-84-241-8244-1 (DEBE ESTAR PERFORADO). O prezo de catálogo é de 8,95 euros.


-         CALDEIRÓN. MATEMÁTICAS 3. EDITORIAL ANAYA. ISBN: 978-84-667-7543-4 (DEBE ESTAR PERFORADO). O prezo de catálogo é de 9,90 euros.

BO VERÁN!

Acabou o curso e chegou o verán: tempo de lecer e disfrutar. Desexámosvos que o pasades moi ben, disfrutedes coas vosas familias e en setembro voltedes ao cole con moitas ganas de reencontrarvos cos compañeiros e compañeiras para seguir aprendendo xuntos. Ao longo de xullo e agosto no blog irán aparecendo suxestións e cousiñas de interese para o verán.  Podedes seguir visitándoo e se queredes compartir algunha foto, non tedes máis que enviala ao noso correo: escoladeribadumia@gmail.com.

A recomendación de hoxe aparece na Voz de Galicia: Ao longo o mes de xullo, a entrada ao MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) da Coruña será gratuíta. Se tíñades pensado achegarvos ata a cidade da Coruña este verán, non deixedes de visitalo. Tedes toda a información: horarios, como chegar, exposicións,... neste enlace MUNCYT

lunes, 25 de junio de 2012

FESTA DE FIN DE CURSO





O venres pasado celebramos en Sisán a FESTA DE FIN DE CURSO con todos os compañeiros e compañeiras das outras escolas do CRA. A primeira parte da mañá xogamos: SOGATIRA, AROS MUSICAIS, PATINETES, PARACAÍDAS e ZANCOS. Logo tocou merendar fóra, o tempo acompañaba! Tras a merenda, vestímonos e preparámonos para as actuacións. Nós cantamos : A que sabe a lúa? xunto cos compañeiros de 4 e 5 anos e desfrutamos moito coas actuacións das outras escolas. As profes fixéronos rir coa Ratiña Presumida e para rematar, despedimos aos compañeiros que marchan para primaria o vindeiro curso. A profe non fixo fotos así que os que teñades algunha, por favor enviádea ao correo da escola de Ribadumia (escoladeribadumia@gmail.com) ou traédeas esta semana ao cole nun pincho se tedes un momentiño para poder compartilas no blog.

jueves, 21 de junio de 2012

ADEUS PRIMAVERA, CHEGOU O VERÁN!!

E co VERÁN as vacacións e o tempo de lecer: praia, bo tempo, paseos, lecturas compartidas, viaxes,... E para darlle a benvida como se merece, puxemos as súas 5 letras ben grandes e bonitas na parede da nosa aula.

MERENDA DE DESPEDIDA








Hoxe foi o último día de cole na nosa escola. Mañá iremos de festa ao Pabellón de Sisán. E para despedirnos ata o vindeiro curso, fixemos unha merenda especial. A profe María, reposteira de luxo, convidounos a galletas e rosquillas. Que ben o pasamos!!


miércoles, 20 de junio de 2012

PULSEIRAS E COLARES DE PASTA


No recuncho de ROMA atopamos un libro que falaba dos diferentes tipos de pasta que hai: formas, cores, texturas, tamaños... tan variados e diferentes que temos para todos os gustos.





Hoxe a profe díxonos que FÉLIX nos mandara un paquete. Cando vimos o que era quedamos abraiados: Macarróns? Se no cole non temos cociña!! Entón pensamos que podíamos facer con eles e ocurríusenos que podíamos enfialos e facer pulseiras!! Logo algún animouse a facer colares. O certo é que quedaron moi bonitos. Podedes comprobalo nas fotos...





martes, 19 de junio de 2012

SALTO POR RIBA DO LUME DE SAN XOÁN PARA QUE NON ME TRABE CADELA NIN CAN


A noite de San Xoán, o lume das cacharelas elévase para espantar as MEIGAS e ao saltalo pedimos DESEXOS. Se queremos que se cumplan temos que saltar a cacharela un NÚMERO IMPAR de veces. E cales son os números impares? Os que están marcados co rotulador!! Os outros non nos valen. Cada un de nós elixiu que número impar de veces vai saltar a cacharela. A contar e a desexar... que se cumplan os vosos soños!!

lunes, 18 de junio de 2012

CALENDARIO DE XUÑO

Este mes cambiamos o formato do calendario semanal, pasando a ser mensual. Levamos todo o curso poñendo cada día o calendario coa axuda das casiñas e agora xa o facemos tan ben que non necesitamos tanto espazo para escribir. A que o facemos moi ben? Os días que non hai cole teñen pegatina vermella e os días que estamos maliños e non podemos vir ao cole poñemos unha estreliña. Este é o noso CALENDARIO DE MAIORES.

E este é o refrán de XUÑO, moi relacionado co SAN XOÁN!!

POEMAS CON PIRULETA

Os calendarios do curso 2012-2013 marchan para casa o xoves e van con sorpresa!!


viernes, 15 de junio de 2012

CUMPLES DE XUÑO





 
Hoxe celebramos os cumples de BORJA e ABEL, que xa teñen catro aniños. Unha tarta riquísima para merendar e festa rachada para rematar!! Parabéns, mozos!! Moitas grazas, profe María, pola organización e polas fotos!!



 

miércoles, 13 de junio de 2012

A NOITE DE SAN XOÁN





A noite do 23 ao 24 de xuño celébrase a NOITE DE SAN XOÁN. Co gallo do SALÓN DO LIBRO deste ano, aló polo mes de febreiro, os nenos e nenas da nosa aula fixemos un libriño que falaba desta noite máxica na que o lume é o principal protagonista (pinchade aquí se queredes ir ao enlace do libro). Agora que se achega a data de San Xoán, retomamos o noso libriño e estamos a coñecer un pouco máis polo miúdo que e como se celebra esa noite tan especial.

A FONTANA DI TREVI


Conta a lenda que se lanzas, de costas á fonte, unha moeda coa man dereita por riba do ombro esquerdo, voltarás a ROMA. Nós aprendemos tanto con FÉLIX desta cidade, que nos gustaría voltar algún día así que tiramos a nosa moeda á FONTANA DI TREVI para que se cumpla o desexo. Aínda nos liamos un pouco con iso de man dereita e ombro esquerdo pero pouco a pouco... E tamén descubrimos que AMOR é a palabra ROMA ao revés (igual que lle pasaba a ORBIL e a LIBRO), por iso ao buscar ROMA na ficha moitos rodeamos AMOR!!

martes, 12 de junio de 2012

ESPAÑOLES EN EL MUNDO: ROMA



Esta noite ás 22:15 en La 1 de Televisión Española poderemos ver ESPAÑOLES EN EL MUNDO: ROMA. Xa sabemos que a esas horas os peques estamos a durmir pero "os maiores" podedes animarvos a coñecer un pouco máis esta cidade da que tanto estamos a aprender no cole neste trimestre. E a partir de mañán, podemos voltar a ver o programa na súa páxina web, en calquer horario, e compartilo con toda a familia.


OS ROMANOS EN GALICIA





Non fai falta ir a Roma para admirar arquitectura romana. En Galicia temos marabillosos exemplos: faros como A TORRE DE HÉRCULES na cidade da CORUÑA, a MURALLA DE LUGO e a PONTE ROMANA de OURENSE sobre o río MIÑO. Agora que se achegan as vacacións de verán podemos aproveitar para visitalos e coñecelos de primeira man. Quen se anime, que mande as fotos e colgámolas no blog para compartilas!!




lunes, 11 de junio de 2012

ESTRUCTURANDO




Hoxe á plastilina aparecéronlle uns amigos: os palillos. E con estes dous elementos, nós creamos, imaxinamos,...queredes ver o que?


viernes, 8 de junio de 2012

OBRADOIRO DE COCIÑA: XEADO CON GALLETA


No obradoiro de cociña de hoxe tocou XEADO. Como FÉLIX nos contara que en ITALIA os xeados están deliciosos, quixemos facer unha merenda especialmente refrescante  engadíndolle galleta machadada cunha rodela. Trouxemos nas mochilas a ferramenta de traballo e á hora na que entra a famiña, puxémonos mans á obra. Xuntamos as galletas machacadas nun bol e cando reunimos suficiente, botamos dúas culleradas no fondo do vaso, engadimos o xeado de chocolate e vainilla e voltamos cubrir con galleta. Remeximos un pouco e...a merendar!!! A profe tivo que preguntar se nos gustaba porque estábamos tan caladiños comendo que non sabía que pensar!!


jueves, 7 de junio de 2012

O PANTEÓN

Logo de falar dos deuses e deusas romanos, hoxe coñecimos O PANTEÓN, que era o templo adicado a todos os deuses. O que máis nos chamou a atención foi un burato moi grande que ten na cúpula, por onde entra a luz do sol pero tamén a choiva!! Mirade os vídeo e veredes como chove dentro do Panteón.





QUE FACEMOS COS PALILLOS ?


Hoxe a profe trouxo palillos e tentamos escribir os NÚMEROS ROMANOS con eles. Logo alguén propuxo poñer o nome. E tamén probamos. Xurdiron problemas coas letras que teñen "curvas" coma o B de Borja, o R e mailo O de Marcos,... pero axiña lles atopamos solución!! Pasamos un rato moi pero que moi concentrados...