jueves, 31 de mayo de 2012

LOGO DE XOGAR...TOCA DESCANSAR

Desde que chegou a calor, xogamos co profe Rafa fóra os xoves. Sorte que temos unha parte do patio cun pouquiño de sombra!! Paracaídas, zancos, pelotas,... será ese o segredo de que estemos desexando toda a semana que apareza o profe Rafa pola porta? O caso é que logo de tanto xogar, o paracaídas fixo de cama improvisada para un pouco de relax... Sssshhhhh...

PLAYMÓBIL GLADIADOR

Deixámosvos un enlace onde podedes xogar a ser GLADIADORES cos bonecos de Playmóbil. Primeiro conta unha pequena historia de como "reclutaban" aos futuros GLADIADORES e despois comeza o xogo. Clicade na imaxe para xogar.

O COLISEO ROMANO




Logo de ver como Cantinflas nos presentaba O COLISEO, buscamos nun dos libros do noso recuncho de ROMA e atopamos imaxes de como era na Antiga Roma e como é a día de hoxe. O deterioro salta á vista. Logo en internet miramos máis fotos e vimos que de noite O COLISEO está iluminado igual que a TORRE EIFFEL!!

Loitas de GLADIADORES,  loitas entre animais salvaxes de todo tipo, cacerías,... ata o podían encher de auga para celebrar batallas navais!! Un circo un pouco "bruto" pareceunos a nós. E é que como dicía Obélix...



miércoles, 30 de mayo de 2012

SEGUIMOS COS NÚMEROS...ROMANOS

Desde que FÉLIX nos falou dos números romanos, andamos a voltas con eles no cole. Hoxe aprendimos algún máis. E logo puxemos o ano no que estamos, 2012, como o escribirían na antiga ROMA: MMXII.
Os números romanos aparecen en moitos obxectos cotiás: reloxos, placas, paredes, xoias,... o reloxo da profe ten números romanos!! Adriana contounos que na parede da súa casa tamén hai un reloxo con números romanos. O reloxo do avó de Felipe tamén os ten. O que traía Yago no pulso e o que temos na parede da aula teñen "os números nosos". E o da profe Ana... non ten números!!
Mirando en internet tamén vimos candeas de cumple con números romanos que nos gustaron moito!!
Quedamos en facer de detectives e investigar nas nosas casas e nos reloxos de todos os familiares e amigos, se hai algún número romano.

Se tedes curiosidade, podedes botar unha ollada a este enlace, onde hai un CONVERSOR DE NÚMEROS ROMANOS AOS "NOSOS NÚMEROS" E VICEVERSA.

martes, 29 de mayo de 2012

AS MATERNIDADES DE PICASSO

A PICASSO gustáballe moito pintar MATERNIDADES: cadros de mamás cos seus bebés. E nós tamén aproveitamos para facerlles unha homenaxe ás nosas mamás. Enchimos as fotos de bicos cando nolas deu a profe. E á hora de poñer as pegatinas de corazón...Profe, no tienes corazones más grandes? Es que yo a mi mamá la quiero mucho, mucho y tan pequeños no me valen... Ai, mamis, non sabedes cantísimo vos queremos!!

lunes, 28 de mayo de 2012

NÚMEROS ROMANOS

Hoxe con FÉLIX descubrimos que os antigos romanos non escribían os números coma nós. Eles empregaban letras: I, V, X,... Ao principio sorprendeunos pero axiña nos puxemos a escribir as correspondencias dos "nosos números" en NÚMEROS ROMANOS.

A verdade é que nos deron para falar un cacho...

"-Profe, o 6 escríbese igual que o 4!!" Pero fixándonos un pouco observamos que "o palito" vai diante da V no 4 e detrás no 6. Coidadiño con enganarse!!

"O 5 é a V de Víctor, meu irmán!!", "O 9 e o 10 teñen o X do meu nome!!",...

domingo, 27 de mayo de 2012

CONVIVENCIA

O venres pasado, os nenos e nenas de 5 anos da nosa escola foron coñecer o cole de PRIMARIA ao que irán o vindeiro curso. Así que os que quedamos decidimos tamén celebrar un DÍA DE CONVIVENCIA na nosa escola. Primeiro convidáronos a merendar todos xuntos na clase dos maiores e logo nós convidámolos a un contacontos, da man da profe María e o Papón, na nosa clase. Que ben o pasamos xuntos!!


A BOCA DA VERDADE


Díxonos FÉLIX que conta a lenda que se algún mentireiro mete a man na BOCA DA VERDADE, quedará sen ela. Nós metémola e logo de contar os dedos ao sacala de novo, comprobamos que seguía todo no seu sitio. Pinocho e Paco Trolas cada vez que escoitan falar da BOCA DA VERDADE...botan a correr!!

miércoles, 23 de mayo de 2012

APÍPOLIS: VÍDEO DA CANCIÓN DAS GALLETAS

VESPAS E APES

Continuando o seu paseo por ROMA, FÉLIX fixouse nunha VESPA diferente: tiña 3 rodas!! E era máis grande!! Achegouse, miroulle o nome e descubriu que se chamaba APE (a palabra que empregan en italiano para dicir ABELLA!). Mandounos 2 fotos e axudámoslle a poñelas cada unha co seu nome.

lunes, 21 de mayo de 2012

NOME E DATA

Hoxe fixemos un pequeno puzzle coas letras do noso nome e tentamos poñer a data como os maiores. E saíunos moi ben!!


viernes, 18 de mayo de 2012

SAÍDA A APÍPOLIS




Que ben o pasamos hoxe en APÍPOLIS!! Obradoiro de galletas con mel, obradoiro de candeas de cera de abella, visita ao apiario, conto e visita á exposición sobre o mundo das abellas,... e todo isto aderezado con xogos, cancións, merenda e comida compartidas. Non paramos un segundo!! Un dez para a organización e os monitores e monitoras que fixeron posible que a xornada fose un éxito. Deixámosvos algunha foto e en canto estean listas, o resto na GALERÍA.


Ao chegar mesturáronnos e dividíronnos en catro grupos. Íamos rotando para pasar por todos os obradoiros.

CONTO SOBRE AS ABELLAS E VISITA Á EXPOSICIÓN







VISITA AO APIARIO






OBRADOIRO DE GALLETAS CON MEL (CON RECEITA E CANCIÓN!!)










OBRADOIRO DE CANDEAS E ENVASADO DE MEL















miércoles, 16 de mayo de 2012

ALFOMBRADOS

Hoxe ao chegar ao cole tíñamos unha sorpresa: unha alfombra para xogar cos coches!! Axiña todos queríamos estreala así que a profe nos fixo unha foto desfrutando dela. Mirade que ben o pasamos. Parece que vai dar moito xogo!!

O MARABILLOSO MUNDO DOS ANIMAIS...AS ABELLAS

A profe púxonos un vídeo que nos gustou moito sobre as ABELLAS. Podedes velo pinchando nos vídeos. Veredes canto aprendedes sobre estes marabillosos animais!!



CUMPLES DE MAIO





Hoxe celebramos os cumples do mes de MAIO. ANTÓN, MARCOS E. e ARÓN convidáronos a tarta de galletas e chocolate. Como novidade, acompañando aos gusanitos e patacas, mini bocatas de queixo, xamón cocido e chourizo. Que maneira de comer!! Non deixamos nadiña!! Pero é que necesitábamos coller forzas para xogar no patio agora que temos bo tempo...




PRIMEIRA CAPA...





SEGUNDA CAPA...



TERCEIRA CAPA...



VIRUTIÑAS DE CORES...






PARABÉNS MOZOS!!!