sábado, 28 de abril de 2012

CUMPLES DE ABRIL


En abril Felipe cumpliu 4 aniños e tocoulle a el facer a tarta para convidarnos a todos. Coma sempre, estaba tan rica que non quedou nadiña e pasámolo moi ben na festa. Parabéns, Felipe!!!



jueves, 26 de abril de 2012

VISITOUNOS JUANITA




Hoxe tivemos visita sorpresa: a XOANIÑA JUANITA veunos visitar! Pero o que non sabía ela era que nós tamén lle tíñamos unha sorpresa: as xoaniñas que pintamos nas pedras. Dixémoslle que non mirara, logo repartímolas e cando cada un tiña a súa ben agachadiña...tacháaaaan!!! Como lle gustaron, quedou abraiada!!

Logo foi Juanita a que quixo xogar a pensar con nós. Que nos traería esta vez? Axiña o descubrimos. Pero iso contarémolo outro día. Estade atentos...

Iso si, tíñamos tantas ganas de levar a nosa xoaniña á casa que hoxe marchou por fin. Coidádea moito!!



A LOBA CAPITOLINA


Conta a lenda que a LOBA LUPERCA atopou no río Tíber unha cesta e cando foi mirar dentro dela...había dous bebés que choraban de fame e de frío! Luperca adoptounos, criounos e coidounos. Aqueles xemelgos eran RÓMULO e REMO, quen logo fundaría a cidade de ROMA.

No noso recuncho de ROMA atopamos fotos de Luperca con Rómulo e Remo en dous libros: ROMA DE LOS CÉSARES, e GUÍA DE ROMA Y DEL VATICANO.

miércoles, 25 de abril de 2012

CON NOME E APELIDOS

Hai tempo que recoñecemos e sabemos escribir o noso nome (e algún dos compañeiros e compañeiras!). Hoxe atrevímonos cos apelidos, que tamén os temos na parede da aula e lémolos cada pouco. Gustounos moito escribilos por primeira vez e recoñecer neles moitas letras dos nomes dos compañeiros, que non temos no noso pero si nos apelidos. E tamén fixemos un autorretrato pequeno!!


OS FILLOS E FILLAS DE PICASSO

PICASSO tivo dous fillos e dúas fillas. Gustáballe moito pintalos nos seus cadros. A Paul xa o coñecíamos de cando o seu pai o pintou vestido de arlequín. O nome de Paloma chamounos moito a atención: Paloma? Pero esas  son as que voan...!. A Picasso gustábanlle moito as pombas: fixo moitos debuxos de pombas e pintounas en varios cadros. Sería por iso que lle puxo ese nome á súa filla?

lunes, 23 de abril de 2012

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO


Neste día do Libro, deixámosvos un vídeo con ilustracións de Arnal Ballester, onde nos dá varias razóns polas que é tan importante ler na casa cos nosos nenos e nenas. Non deixedes de velo...e non deixedes de ler con eles.

DÍA DO LIBRO

Hoxe é o Día do Libro e no cole celebrámolo lendo, coma todos os días. Dous contos que nos gustaron moito e que vos recomendamos.

O primeiro foi A ratiña presumida. Unha orixinal versión na que a ratiña é unha campaíña (Algúns comentarios durante a lectura: - Profe, a ratiña onde esta?; - Debe estar debaixo da campá; - Non, a ratiña é a campá...) e os demais personaxes van aparecendo con forma de diferentes instrumentos musicais. Podedes mirar o vídeo tamén.




E o outro foi Orellas de bolboreta, que tamén nos encantou.



E Mica e Parrulo tamén quixeron participar agasallándonos cun conto a cada un da súa historia: Mexo por min!, que levamos para casa.


viernes, 20 de abril de 2012

MICA E PARRULO VEÑEN Á CASA




Este era o título do libro viaxeiro que empezou a súa visita polas nosas casas aló por novembro do 2011. Tiveron que pasar case cinco meses para que MICA E PARRULO pasaran unha fin de semana na casa de cada amiguiño do cole. Hoxe o libro está rematado, forma parte da nosa biblioteca de aula e é un dos máis lidos. Un libro que recompila unha chea de experiencias con MICA E PARRULO na casa: xogos, cancións, novas amizades, viaxes, sonos compartidos,...tantas vivenzas que logo ao chegar ao cole estamos desexando contar aos compañeiros e facelos cómplices das nosas aventuras.

Moitas grazas a todas as familias por implicarvos tanto e tan ben nesta proposta (como en tantas outras!): polo voso tempo, polos vosos comentarios, polas fotos,...e polo cariño co que sempre colaborades. Mandámosvos a todas un bico moi grande:MMMMMUUUUA!!!!

Tedes o libro á vosa disposición no cole se queredes levalo a casa e miralo agora que está rematado.
Coa chegada da PRIMAVERA, na nosa porta da aula medrou unha árbore chea de flores moi especiais: nós. Porque os nenos e as nenas son as flores da vida, cultivemos este xardín!!! Víchedes quen está lendo á sombra da nosa árbore?

RECUNCHO DE ROMA

Xa están chegando ao cole os primeiros materiais de Roma e Italia desde as nosas casas. En dous días temos o cole cheo de libros, revistas, dicionarios, cds, DVDs, fotos, calendarios, planos de Roma,...ata un monicreque de Pinocho!! E o último que chegou: unha máscara veneciana e un mandil con gorro de cociñeiro a xogo onde podemos ver os tipos de queixos italiano que hai. Ata nos trouxeron un maniquí para colocalos!! Pouco a pouco iremos argallando o recuncho entre todos. Moitísimas grazas a todas as familias pola vosa colaboración!!


A BANDEIRA DE ITALIA

Cando a vimos, pensamos que Félix se enganara e nos mandara a de Francia outra vez!! Porque resulta que a bandeira de Italia ten dúas cores iguais que a de Francia: branca e vermella. Entón quedamos en que para diferencialas, tíñamos que fixarnos moito na outra cor: se é azul, é a bandeira de Francia; e se é verde, é a de Italia.

miércoles, 18 de abril de 2012

ROMA, ITALIA, BOTAS E GATOS




Hoxe levamos unha nota para casa onde lles pedimos ás nosas familias que nos axuden a buscar material que teña que ver con ROMA: libros, DVDs, fotos, crebacabezas,...calquera cousiña que teñades e que nos poida valer para crear un recuncho no cole e seguir aprendendo con Félix.

Esta mañá aprendimos que ROMA é a capital de ITALIA. E mirando o mapa descubrimos que ITALIA é un país con forma de bota!!! Iso gustounos moito e pareceunos moi divertido!!! Logo veu a profe Ana e traía postas... unhas botas como ITALIA!


Tamén aprendimos algunha palabriña en italiano, a lingua que se fala en ITALIA. Isto foi por unha conversa que tivo Félix cun gato romano que o confundiu cun rato e non paraba de perseguilo. Buongiorno!! (Bo día!!) dicíalle o gato a Félix. Pero Félix non quería saber nada e contestáballe Arrivederci, que significa adeus. Estes gatos romanos van ter que poñer lentes!! Mira que confundir unha lebre cun rato...


lunes, 16 de abril de 2012

CONTOS QUE NOS GUSTAN...DE ANTÓN CORTIZAS


Deixámosvos tres contos de Antón Cortizas que nos gustan moito. Se picades nos títulos podedes ler as reseñas.







SOPRA NESTE FURADIÑO


FÉLIX CHEGA A ROMA




Á casa de Sofía chegou unha nova carta, esta vez desde ROMA. Da man de FÉLIX, durante o terceiro trimestre, iremos coñecendo a cidade eterna. Hoxe lembramos todas as cidades que leva visitado Félix desde que comezou a súa andaina viaxeira. E non esquecimos ningunha!!

REFRÁN DO MES: EN ABRIL, AUGAS MIL.

Co cambio de mes aprendemos un novo refrán: EN ABRIL, AUGAS MIL. E desta vez parece que o tempo o acompaña!!


LAURA E COMPAÑÍA: ¿DAMOS UNHA VOLTA?

No tempo que adicamos á atención educativa, estamos traballando un pouco a Educación Vial grazas ao conto ¿DAMOS UNHA VOLTA? da colección LAURA E COMPAÑÍA, Editorial BAÍA.

Con Laura e Romeo, os protagonistas desta historia, aprendemos que como peóns temos que camiñar pola beirarrúa e cruzar polo paso de peóns, as cores do semáforo e o significado de cada unha delas,...














domingo, 15 de abril de 2012

ABRIL, MES DOS LIBROS

O día 23 de abril celebrarase o Día do Libro. No cole gústanos moito contar contos e queremos compartir con vós algúns cos que máis temos desfrutado durante este curso. Pouco a pouco os iremos presentando no blogue. Hoxe tócalles a...O COELLIÑO BRANCO e A CEBRA CAMILA. Podedes ver os vídeos cos contacontos, que tamén os vimos no cole e gústannos ben!!









miércoles, 11 de abril de 2012

O TRABALLO COA PRENSA NA AULA

A prensa é un recurso que no cole nos dá moito xogo para aprender. Ao longo do curso empregámola na aula para informarnos de moitas novas (que moitas veces teñen que ver cos proxectos que facemos na aula: TRABALLAMOS COA PRENSA) e cada mércores, da man da profe Ana, imos descubrindo algunha cousiña nova:

Os nomes dalgúns xornais e as súas portadas...








As seccións que aparecen...








E mesmo nos atrevemos a facer de xornalistas!!...