viernes, 30 de marzo de 2012

FELICES VACACIÓNS!!




Con este tempo primaveral, acaba o segundo trimestre do curso e marchamos uns días de vacacións. Voltaremos ao cole o martes 10 de abril (a Leiro, lembrade!!). Desfrutade moito: xogade, lede e pasádeo moi ben.

CUMPLES DE MARZO


Hoxe celebramos os cumples de ANDRÉ e SOFÍA, que xa teñen 4 anos! Como bos anfitrións, convidáronnos a unha tarta riquísima da que non deixamos nadiña. Cada mes que pasa somos mellores reposteiros! E canto nos gusta a festa rachada...
Parabéns, André e Sofía!!




















jueves, 29 de marzo de 2012

A PROFE MARÍA CÓNTANOS UN CONTO



Esta semana, a profe María contou na súa clase o conto: A MÁSCARA DO LEÓN. Tanto lles gustou que non dubidaron en recomendárnolo e nós convidámola a que nolo contara hoxe a nós.


Moitas grazas, profe María!! A nós tamén nos encantou!!

UN CONTACONTOS MOI ESPECIAL: O PAPÁ DE PABLO

E tan especial!! Un contacontos: OS TRES PORQUIÑOS, en francés!! O papá de Pablo ofreceuse a contarnos un conto en francés, a lingua de Francia, aproveitando que estamos a aprender tanto deste país veciño. Todos atentos e caladiños, a ocasión merecíao, sentamos a escoitar... e quedamos abraiados!!









Ao final fixemos unha foto todos xuntos. Moitas grazas a Pablo e á súa familia por preparar con tanto agarimo o contacontos e por vir a contárnolo ao cole!! Quedamos encantados e estades convidados a voltar cando queirades!!

ACHÉGANSE AS VACACIÓNS!!

E nós no cole non paramos de pasalo ben. Aproveitando o bo tempo, logo de xogar no patio fixemos circuitos como auténticos profesionais!!









martes, 27 de marzo de 2012

AS CIDADES DE PICASSO

Sabedes que teñen en común estas cidades? Pois que nalgún momento da súa vida, PICASSO viviu nelas. En MÁLAGA naceu, na CORUÑA viviu ata os 10 anos, en MADRID estudiou na escola de pintura de San Fernando, en BARCELONA fixo a súa primeira exposición e en PARÍS coñeceu novas formas de pintar.

A nós sonábannos por motivos diferentes:

- Mis tíos viven en Madrid.
- Felipe naceu en Coruña.
- Eu son do Madrid e miña nai tamén, pero miña prima é do Barça.
- En París está a Torre Eiffel.
- Picasso naceu en Málaga.

Agora temos un motivo máis.












lunes, 26 de marzo de 2012

O XARDÍN DA POESÍA




Ollade como está quedando o Xardín da Poesía cos pétalos que van chegando cheos de poemas!! Que cousas tan bonitas saen cando traballamos en equipo...






MIRA, MIRA...QUE XOANIÑA!!


As xoaniñas rematadas!!!

NOVAS DESDE PARÍS





Hoxe puidemos mirar e tocar dous xornais franceses: LE MONDE e LE FIGARO. O padriño de Felipe sabía que andábamos a voltas con París e acordouse de nós nas súas vacacións. Puidemos comparar os tamaños entre xornais e comprobar que LA VOZ DE GALICIA é máis curto que LE MONDE ou LE FIGARO ("Profe, se lles cortamos este cachiño por aquí abaixo xa quedan iguais").


Logo buscamos a sección do tempo e tamén comparamos os mapas de Galicia e de Francia. A verdade é que se nos parecían moito!!


 
E para rematar miramos unhas postais que viñan xunto cos xornais, onde saían os monumentos mís emblemáticos de París. Moitos os recoñecimos á primeira!!


viernes, 23 de marzo de 2012

VERNIZAMOS AS NOSAS XOANIÑAS

Como xa estaban sequiñas, hoxe vernizámolas para que queden brillantes. A vindeira semana poñerémoslles os olliños.






COMPLETANDO OS COLLAGES

Hoxe completamos o COLLAGE que quedou empezado o pasado martes.

Primeiro engadimos un debuxo, cada un da súa colleita, xa que nos collages que facía PICASSO tamén debuxaba.






Logo pegamos anaquiños de cartolina de colores...







E para rematar engadimos un recorte dun folleto dun supermercado...


Os resultados foron uns COLLAGES moi orixinais, todos diferentes e todos ben bonitos. Non tedes máis que velos!!